*
A Asociación
Noticias
» 19-01-2010:
 NON O ARQUIVO DE DILIXENCIAS
» 09-01-2010:
 NOVOS VERTIDOS NO RÍO BARBAÑA
» 08-12-2009:
 LIMPEZA E TRÁFICO NAS FEIRAS
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» ACTUALIDADE

NOVO VERQUIDO DA DEPURADORA DE SAN CIBRAO NO RIO BARBAÑA

A Confederació Hidrográfica do Miño-Sil detectou na tarde do día 8 de marzo, un novo verquido no Río Barbaña, en Ourense, procedente da depuradora de San Cibrao das Viñas.


 

 
EXPOSICIÓN FOTOGRAFICA
PAISAXES PIRENAICAS

Fotos de Carlos Teijeiro

Fotografías onde a cor, a luz e a natureza se combinan para deleitarnos cunhas paisaxes expectaculares

LUGAR: Local da Asociación "Barbaña"

Data: ata o 12 de marzo


 
ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ANUAL ORDINARIA


De conformidade cos Estatutos desta Asociación a Xunta Directiva convoca Asemblea Anual Ordinaria correspondente ao ano 2009


DATA: XOVES 11 de Marzo de 2010

HORA: As 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:30 horas en segunda convocatoria

ORDE DO DIA:
- Lectura e aprobacion, se procede, do acta da Asemblea anterior.
- Memoria de actividades do ano 2009.
- Balance contable do ano 2009 e orzamento para o 2010.
- Varios.
- Rogos e pregunas. 



 A alcaldesa Elisa Nogueira, distinguida co premio "Toxo" polos vertidos 

O xurado dos premios do Café Isaac outorgou o premio "Toxo" á alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Elisa Nogueira, pola "actitude neglixente reiterada" que mostrou, ao respecto do funcionamento da depuradora da institución que preside. Os membros do xurado advirten de que moitos dos vertidos realizados polo Concello de San Cibrao, ao río Barbaña eran "tóxicos", polo mal funcionamento da depuradora.

Ademáis o xurado afirma no seu veredicto: "Empecinada en mirar para outro lado, a pesar de que goberna un dos concellos máis industrializados e ricos da provincia, preside unha institución sen política medioambiental. E lonxe de facer fronte á situación, o grupo de goberno que representa ocultou e mesmo negou as evidencias, a pesar das sancións das que foi obxecto polos danos ocasionados ao río".

  Novo parque xunto ao Barbaña

O
urense conta cun novo parque na confluencia dos ríos Barbaña e Barbañica, transformando unha zona moi degradada nun lugar de lecer. A intervención con cargo ao plan E, inclúe tamén a mellora da rúa Camelias e a prolongación do paseo do regato dos Muíños. Con estas obras gáñanse 600 metros de zonas axardiñadas, que inclúen tamén dúas prazas pavimentadas e unha zona de esparcemento con areeiro e xogos infantís.




A Confederación abre 4 expedientes cada ano a San Cibrao por verquidos ao Río Barbaña

 
A lei obriga ao Concello de San Cibrao a controlar a calidade da auga doce veces ao ano, como ente responsable da depuración dos verquidos que producen os catro polígonos industriais.

 
 O Concello completará a iluminación do paseo do Barbaña

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xunta semanal do xoves, o "proxecto de iluminación pública con sistema de telexestión para aforro enerxético" do paseo fluvial no tramo comprendido entre a Praza de Abastos e o Pavillón de Os Remedios.
O proxecto prevé unha inversión de 316.366 euros e contempla a sustitución de todos os puntos de luz actuais. Segundo o concelleiro Demetrio Espinosa, coa realización deste tramo estará a punto de completarse todo o paseo fluvial do Barbaña, xa que só queda pendente un tramo que vai desde a Praza de Abastos a La Molinera.

 Nova sanción de case 19000 euros ao Concello de San Cibrao 

O Concello de San Cibrao que dirixe como alcaldesa Elisa Nogueira acumula expedientes e sancións derivados das súas malas prácticas no río Barbaña. Aínda pendente de resolución a proposta pola Confederación Hidrográfica de 450.000 euros polo grave vertido do 24 de Xuño pasado, chegan agora dúas sancións que se aproximan aos 19.000 euros. Son dúas sancións firmes xa que as alegacións presentadas polo Concello considérase que non aportan nada novo.
 
Non o arquivo das dilixencias

A Xunta Directiva desta Asociación de Veciños quere manifestar o seu desacordo polas supostas intencións da Fiscalia de Ourense, encargada da investigación do caso da contaminación do rio Barbaña en Xuño de 2009, de arquivar o mesmo coa argumentación de "non existencia de suxeito a quen imputarlle o delito".
Entendemos que si un atentado ecolóxico desta magnitude, no que está clara a intención criminal dos que procederon ao vertido de sustancias contaminantes vaise quedar nunha mera sanción económico/administrativa ao Concello responsable do lugar de ubicación da depuradora sería un grave erro...
                                                                                                    leer mais

 Novos vertidos no río Barbaña

Empezando o novo ano o Río Barbaña baixaba cheo dunha capa de escuma branca que  discorría ao longo de toda a canle que ven dende a zona da Finca Sevilla e Seixalbo.
Estando sen solucionar, nen clarexar o acontecido no mes de xuño do 2009, nesta Asociación vemos como, desgraciadamente, se cumpren os vaticinios que levamos denunciando ao longo destes anos...



O Concello propón tres intercambiadores para que o transporte metropolitano non colapse a cidade

Situaríanse en Mariñamansa, O Couto e As Lagoas

O intercambiador da Alameda é descartado polo Concello para o transporte metropolitano
  leer noticia en "Faro de Vigo"

 Nota de prensa sobre Limpeza e Tráfico os días da feira 

Por enésima vez nos diriximos aos medios de comunicación ante a nula resposta que temos obtido dos diferentes escritos, reunións e comunicacións que presentamos aos distintos responsables do Concello de Ourense no que se refire a Medio Ambiente, Tráfico e Comercio...
  leer máis

 Carta a Demetrio Espinosa, concelleiro de Medio Ambiente

A situación do pavimento da Pasarela Peonil que cruza dende o Parque Barbaña ata Tras Alameda é unha cuestión que ten preocupado a esta Asociación dende vai moitos anos pois mesmo ainda que obxeto de varias reparacións e reformas  nunca ten acadado uns niveis axeitados e a última reforma feita vai non moitos anos está chegando a uns limites de deterioro en varias das súas partes que xa teñen sido causa de varias caidas e lesións para varios cidadans...
  leer máis

 La Molinera xa é de titularidade municipal 

Unha vez acabado o proceso de expropiación, La Molinera e o seu entorno son de titularidade municipal. Agora ábrese un proceso para a redacción do proxecto que transformará a antiga fábrica nun centro de novas tecnoloxías. A concelleira Ana Garza declarou que "o noso proxecto é adicar unha das plantas do novo edificio ao Instituto Tecnolóxico da auga". Por outra banda, Garcia Mata salientou que "xa está consignado un millón de euros nos orzamentos do Estado para desenvolver o proxecto, mentres o Concello aportará 1,9 millóns de euros".

 
 
Eliminados os últimos focos urbanos de contaminación do Barbaña

Non todo van a ser malas noticias no que respecta ao río Barbaña. Acábase de anunciar a eliminación dos últimos 20 vertidos directos, ubicados entre Ponte Pelamios e As Camelias, o que permitíu o saneamento do tramo urbano do Barbaña. A noticia con ser boa, non nos fai esquecer que aínda quedan puntos de contaminación na cabeceira tanto do Barbañica como do Barbaña nos concellos de Barbadás e San Cibrao. Demandamos un saneamento integral do río e a súa recuperación.



O pergamiño de fillo predilecto e unha placa no Barbaña renden homenaxe a Quessada

Un acto solemne no Concello coa entrega á familia de Xaime Quessada do pergamiño co título de fillo predilecto e outro público no Barbaña renderon homenaxe ao artista.

+ Información


 

 O parque barbaña cheo de lixo

Despois da última feira, a zona do parque onde se instalan os vendedores ambulantes, volveu a aparecer chea de caixas de cartón, papeis, bolsas de plástico e todo tipo de restos. Os vendedores resístense a recoller o lixo xerado pola súa actividade comercial e o resultado é que, sistemáticamente, cada vez que hai feira aparece o parque inundado de lixo. Esta Asociación ten denunciado en numerosas ocasións esta situación ao Concello e a resposta que se nos deu foi que o problema se ía resolver de inmediato pero as cousas siguen igual. Instamos, unha vez máis, aos responsables municipais que tomen as medidas sancionadoras correspondentes para remediar esta situación. 

 

 Visita do Alcalde

 O Alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concellala de participación cidadá, María Devesa, visitaron o pasado 2 de Xullo o local da Asociación de Veciños para coñecer de primeira man as nosas inquedanzas. Nesta reunión expúxoselles o estado do barrio así como todos os problemas que nos afectan. Sobre o tema da sucidade e abandono do mantemento do parque, que lle corresponde facer por contrato á Cafetería Agasallo, prometeu estudar o tema con detenemento para darlle unha saída satisfactoria. Así mesmo respecto ao problema do tráfico quedouse en concretar as medidas a aplicar. Por outro lado prometeu a instalación dun parque biosaudable para os maiores. Respecto ao estado de descontrol e abandono do Barbaña asumiu a nosa proposta de reunirse cos alcades de San Cibrao e Barbadás para unha toma de posturas comúns para a defensa e recuperación do río.  Parécenos interesante este tipo de encontros porque, pensamos, é a forma máis directa de atallar os problemas do barrio. Estaremos vixiantes para que se leve a cabo o prometido.

 

 O río Barbaña contaminado por un vertido tóxico

Un novo vertido no Barbaña trouxo como consecuencia a morte de máis de 17000 exemplares de distintas especies de peixes. Non é a primeira vez que esta Asociación denuncia a falta de escrúpulos dos contaminadores e a desidia no control destas actividades por parte das Administracións Públicas. Esiximos que se depuren responsabilidades e que se sancionen con contundencia aos autores do vertido.


 Renovación da Xunta Directiva

O pasado día 16 de Xuño tivo lugar a elección da nova xunta directiva desta Asociación. O noso profundo agradecemento polo traballo realizado ás persoas que marchan e unha afectuosa benvida ás que se incorporan a dirección.


 

 A feira vaise a Oira mentras duren as obras no Campo da Feira

Así o decidiu a concelleira de Comercio Ana Garza, que valora para tomar a decisión dous factores: o carácter provisional da medida (mentras duren as obras), e que hai espazo suficiente para que os feirantes e os visitantes poidan aparcar os seus vehículos, e contar con servizo de autobús urbano.

 

 A Fundación  Terra propón instalar pequenas placas fotovoltaicas  para producir enerxía nos propios fogares

A Fundación Terra promove a "guerrilla solar", unha campaña na que animan aos cidad, desenvolvido por dúas empresas do sector das renovables, capaz de producir 144 kw/h anuais. Este panel leva incorporado un microinversor homologado o que permite que se conecte directamente a rede eléctrica estándar en calqueira enchufe caseiro.


 

 Comenzan as obras dun novo parque as beiras do Barbaña

Comezou a actividade de adecuación ambiental da marxe dereita do río Barbaña, no tramo situado entre as pontes de Ervedelo e Remedios. A actuación céntrase na recuperación dos "érbedos"  como especie vexetal fundamental. O parque orgaizarase en tres zonas: unha na que predomina a auga, outra adicada a xogos infantís, e outra cun fornelo elevado "concebido como punto de relaxación e descanso". O presuposto é de 562.000 euros, e o período de execución estímase en catro meses


 

 Petición de instalación de  xogos biosaudables

Esta Asociación ten solicitado ao Concello a instalación dunha zona de xogos biosaudables no Parque Barbaña, pois se ben  os nenos dispoñen de diferentes espazos de lecer, para os maiores non existe ningún tipo de instalacións, e estes aparellos fan mover o corpo e teñen moita aceptación naqueles lugares onde están instalados.



 

 Falta de mantemento e coidados do recinto do Parque Barbaña

Esta Asociación leva pelexando tanto na anterior lexislatura municipal como na actual para que o noso contorno e o da cidade de Ourense sexan lugares cada vez máis humanos, dignos e de calidade para vivir.

ler resto comunicado


 Alumnos da Universidade Laboral gañan un premio coa súa proposta de tren metropolitano

Un tren metropolitano de superficie que circule entre Laias e Taboadela, pasando por Ourense, é a proposta que nove alumnos da Universidade Laboral dirixidos polo seu profesor Emilio Rodríguez Portabales, presentaron ao concurso Renfe AVE para o aproveitamento das liñas e estacións actuais de ferrocarril, unha vez que entre en funcionamento o tren AVE. Segundo o traballo, tería un potencial de 140.000 usuarios. Tamén se subliña que os costes serían relativamente reducidos ao terse en conta que a obra máis importante xa está feita e que melloraría o transporte na cidade e o seu contorno, cos conseguintes beneficios medioambientais.

http://www.laregion.es/noticia/87740/premio/escolares/universidad/laboral/tren/metropolitano/



 Alto grao de presenza de alcol entre os adolescentes

Segundo un estudo elaborado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, o 91% dos/as adolescentes ourensáns de entre 14 e 18 anos, admiten ter probado o alcol, mentres o 63% recoñece ter participado ou participar en botellón. "Os datos apuntan que o alcol é unha droga cun alto e xeneralizado grao de presenza entre a poboación adolescente residente en Ourense", establece o estudo. Asimesmo sinala que beber os fins de semana "está moi xeneralizado, tanto entre as rapazas como entre os rapaces".

Nota de prensa da Asociación sobre o botellón


 

 Unha "argucia legal" permitiría dar licenza a Flager e Eroski

O Tribunal Superior de Xustiza ben de dictar a novena sentencia que anula a totalidade o Plan de Urbanismo de Ourense. Esta resolución se ben é unha contrariedade máis para o Concello, dálle un respiro o haber aceptado o Tribunal unha petición de aclaracións complementarias que demorará o dictamen sobre os recursos de casación e podería, deste xeito, favorecer a aprobación dos proxectos de Flager (Corte Inglés) e Eroski antes de que saia a sentencia definitiva de anulación.


Grandes proxectos para Ourense dependen do novo Goberno da Xunta

Tras os resultados electorais, e o acceso ao Goberno da Xunta polo PP, os grandes proxectos previstos polo bipartito para Ourense están en entredito. Estes planes, de grande importancia para a nosa cidade, necesitan pola súa envergadura dunha continuidade para facerse realidade. Estes  serían: o Parque medioambiental de Carballeda de Avia, o Parque empresarial do Val da Rábeda, o Centro de interpretación de parques naturais de Galicia, o Centro de saúde de O Vinteún e O Couto, a urbanización Auria Verde, a Cidade da Xustiza, o BIC (Ben de Interés Cultural) de As Burgas, a Ronda Bulevar, o transporte Metropolitano...

Algúns destes proxectos interésannos moito por afectar ao noso barrio e ao contorno de o Couto. Esperamos que o novo Goberno da Xunta asuma a súa continuidade para que poidan materializarse.

ler noticia en La Región        



Acométese a urbanización da Praza de Reza 

O Concello de Ourense ten previsto urbanizar a Praza de Reza, un dos puntos máis deteriorados urbanísticamente da nosa cidade, situado na confluencia de rúa Reza e Doctor Fleming. O espazo está configurado por dous vellos edificios e un solar que será necesario acondicionar para convertilo nunha praza. O acordo do Concello supón modificar o actual Plan de Urbanismo e "trasladar a edificabilidade" a outra zona da cidade onde sexa preciso.


 Aprobada a expropiación da Molinera

Concello aproba o proxecto de expropiación da Molinera para a construcción dun centro de investigación termal. A actuación financiarase co apoio do Ministerio de Cultura, que achegará un millón de euros. O centro terá como finalidade investigar as propiedades da auga termal da cidade e deseñar estratexias para a súa optimización, así como desenvolver programas de software destinados a xestionar establecementos balnearios. O labor da Tenencia de Alcaldía basaráse en rehabilitar alí un edificio que poida dar servicio ao novo centro.



 A nova facturación da luz provoca numerosas queixas

nova facturación da luz provocóu que numerosos consumidores ourensáns reclamen nas oficinas de Unión Fenosa e acudan a asesorarse ás organizacións de consumidores pois estanse a cobrar recibos con importes totalmente esaxerados. Os problemas xorden cando as Compañias decidiron facturar mensualmente, pero a lectura do contador fana cada dous meses. Primeiramente fan unha lectura estimada(normalmente baixa) e ao mes seguinte, a lectura do realmente consumido. E ademáis este sistema coincide coa suba de tarifas o que beneficia enormemente as Eléctricas. Desde eiquí invitamos aos afectados a presentar as reclamacións oportunas para evitar os abusos de Unión Fenosa.

O trazado do AVE bordeará a cidade

Definitivamente o AVE non entrará en Ourense pola vía actual senón que  terá un novo trazado que bordeará a cidade a través de catro túneles e un viaducto sobre o río Miño. O estudo do novo acceso ferroviario iníciase nas proximidades de Taboadela e desde alí haberá un novo tramo de vía internacional ata Xeixalbo. Despois, desde esta localidade ata Ourense construirase un eixe de ancho mixto (ancho ibérico e AVE), compatible para mercadorías e pasaxeiros. O mantemento da vía tradicional entre Taboadela e Xeixalbo é para dar servizo ás mercadorías de Coren.

ver proxecto


 

Sobre o transporte mancomunado 

Esta asociación de veciños xa se posicionou, no seu momento, a favor dun Transporte Mancomunado e sobre a falla de idoneidade de construír un "intercambiador de autobuses" na zona de Tras Alameda. O que nos move a emitir este comunicado son as recentes informacións na que se resucitan certas cuestións que parecían estar solucionadas como é a posibilidade de que o Intercambiador "mal construído" nas traseiras da Alameda (e duramente criticado tanto polo PSOE como polo BNG) se recupere para uso masivo do futuro transporte mancomunado e non quede para o que se prometeu ao inicio de lexislatura, para o chamado futuro "transporte termal".

ler mais



Galería de Fotos
 
 
 
A Túa Opinión
Ficha Contacto
Cursos e Actividades
 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: