*
A Asociación
Noticias
» 03-06-2010:
 QUERELA XUDICIAL POLOS VERTIDOS AO RÍO BARBAÑA
» 19-01-2010:
 NON O ARQUIVO DE DILIXENCIAS
» 09-01-2010:
 NOVOS VERTIDOS NO RÍO BARBAÑA
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» Carta a Demetrio Espinosa. Reparación pavimento pasarela.

ATENCIÓN DE: Sr. Demetrio Espinosa Mangana. Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ourense.
 
Asunto: Pasarela Peonil do Parque Barbaña: Necesidade de reparación do pavimento.

 Sr. Concelleiro: 

A Directiva da Asociación de Veciños Barbaña diriximonos a vostede por entender que, esta cuestión, entra dentro das competencias da súa área.
 
 A situación do pavimento da Pasarela Peonil que cruza dende o Parque Barbaña ata Tras Alameda é unha cuestión que ten preocupado a esta Asociación dende vai moitos anos pois o mesmo ainda que obxeto de varias reparacións e reformas nunca ten acadado uns niveis axeitados e a última reforma feita vai non moitos anos está chegando a uns limites de deterioro en varias das súas partes que xa teñen sido causa de varias caidas e lesións para varios cidadáns. 

O deterioro nestes momentos centrase nas zonas de unión entre as diferentes planchas metálicas do pavimento. Estas zonas de unión que no seu momento quedaron máis elevadas que o propio solo, están na actualidade desatornillandose nalgún casos, noutros teñense revirado e mesmo ondulado co cal é facil tropezar ou bater contra elas ao camiñar e son moitas as persoas que a usan a diario, agravandose a  situación  ao chegar o inverno. As xeadas e a humidade a converten nunha “pista de patinaxe”. 

Entendemos que según o contrato de Concesión de Obra Pública de 13 de Setembro do 1996 feito entre o Concello de Ourense e Dº Felipe Gamallo Iglesias sobre Cafeteria e Parque Barbaña recolle tanto no apartado de “Financiación” com na “Cláusula 3” que o canon a abonar pola concesionaria implica o mantenemento e conservación do Parque así como da Pasarela Peonil. 

Polo tanto pregamoslle que unha vez revisada polos técnicos do Concello se lle reclame a Concesionaria a urxente necesidade de proceder a reparación dos desperfectos e problemas mencionados. 

 De todolos xeitos como Xunta Directiva e vistos os antecedentes das anteriores reformas e reparacións e dado que as mesmas non teñen sido nada efectivas pois ao pouco tempo empezan  a repetirse os problemas de sempre, somos da opinión que habería que buscar algún tipo de reforma que dunha vez por todas dese coa resposta máis acaida para non estar cada tres ou catro anos facendo unha nova inversión.

 Esperamos que no prazo máis breve nos transmita a súa resposta pois é esta unha preocupación é un problema urxente e  moi importante non só para esta Asociación senon para os centos de cidadáns que a empregan a diario. 

Ourense 01/12/09

AsdoXunta DirectivaA.VV. “Barbaña”

 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: