NOTA DE PRENSA
A. VV. "Barbaña"
Asunto: Limpeza e Tráfico os días de feira.
Por enésima vez nos diriximos aos medios de comunicación ante a nula resposta que temos obtido dos diferentes escritos, reunións e comunicacións que presentamos aos distintos responsables do Concello de Ourense no que se refire a Medio Ambiente, Tráfico e Comercio.
A situación tantas veces denunciada de:
- Non cumprimento da normativa de venta ambulante aprobada por todolos partidos presentes no Concello e que tanto na anterior lexislatura como nesta sigue sen cumprirse.
- Nula colaboración da maioria dos vendedores ambulantes na recollida do lixo e restos producidos por eles durante a feira que campan as súas anchas por todo o recinto do Parque Barbaña e moitos dos cales van a depositarse ao cauce do rio Barbaña.
- Esta falla de colaboración e de incumprimento da norma parece resultar algo "indiferente" aos nosos responsables municipais e da a entender que algunhas persoas teñen privilexios para "contaminar" ou tirar o seu lixo onde mellor lle conven (estando perfectamente identificados) sen que se tomen ningun tipo de solucións.
- Entendemos que os días de mercado haxa un maior colapso de tráfico nas rúas de arrededor do mesmo pero o que non resulta de recibo é a "manga ancha" para: aparcar enriba das beirarúas, para facer dobles fileiras que taponan o paso, para dificultar o acceso aos garaxes e vivendas do vecindario, para obstaculizar os pasos de peóns, para deteriorar os paseos do parque con camionetas e furgóns, etc.
Polo tanto volvemos a solicitar públicamente que se fagan cumprir as normativas de venta ambulante, de recollida e deposito de lixo, que se fagan respetar as normas de tráfico. Resulta moi dificil de entender que unhas cuestións deste calibre, que non requiren ningún esforzo inversor, nen aumento de prantillas sexan motivo de deixadez e pasotismo para os responsables municipais provocando importantes e graves repercusións non só no vecindario senon en toda a cidadania de Ourense pois Parque e o Rio son de todos e as normas e leis están para que as cumplan todolos cidadáns.
Ourense 01/12/09
Asdo. Xunta Directiva A.VV. "Barbaña"