|
|
 |
 |
| » NON O ARQUIVO DE DILIXENCIAS |
NOTA DE PRENSA A.VV. “BARBAÑA”
Asunto: Arquivo de dilixencias por parte da Fiscalia polo atentado ecoloxico no Rio Barbaña.
A Xunta Directiva desta Asociación de Veciños quere manifestar o seu desacordo polas supostas intencións da Fiscalia de Ourense, encargada da investigación do caso da contaminación do rio Barbaña en Xuño do 2009, de arquivar o mesmo coa argumentación de “non existencia de suxeito a quen imputarlle o delito”. Entendemos que si un atentado ecolóxico desta magnitude, no que está clara a intención criminal dos que procederon ao vertido de sustancias contaminantes vaise quedar nunha mera sanción económico/administrativa ao Concello responsable do lugar de ubicación da depuradora sería un grave erro por dúas partes: por unha banda os responsables directos quedarían impunes e polo tanto dispostos a facer outra cando mellor o consideren pois a lectura de todo esto é que contaminar “sale gratis”. Por outra banda, os grandes perxudicados son os cidadáns pois a multa que se lle vai impoñer ao Concello de San Cibrao por parte do Ministerio de Medio Ambiente, de ir adiante a proposta da Confederación Hidrográfica, non a van a pagar a Alcaldesa nen os Concelleiros de goberno dese Concello pois ao final onde vai repercutir é nos contribuintes que nel viven e ademáis foron os sufridores directos da contaminación xunto cos habitantes do Concello de Ourense. Polo tanto pedimos a Fiscalia que esgote todolos recursos de traballo e investigación sobre este caso para que se clarexe o mesmo e paguen os verdadeiros culpabeis do delito e polo tanto non peche o expediente que non só deixaría impune este delito senon que podería crear un precedente que dese lugar a unha lectura de que o que delinque corre escasos riscos.
Ourense 14 de Xaneiro do 2010. Asdo. Xunta Directiva
| |
|
 |
|