*
A Asociación
Noticias
» 03-06-2010:
 QUERELA XUDICIAL POLOS VERTIDOS AO RÍO BARBAÑA
» 19-01-2010:
 NON O ARQUIVO DE DILIXENCIAS
» 09-01-2010:
 NOVOS VERTIDOS NO RÍO BARBAÑA
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» QUERELA XUDICIAL POLOS VERTIDOS AO RÍO BARBAÑA


 

NOTA INFORMATIVA


Asociacións de Veciños de: Barbaña de Ourense, Encontros de Ponte Noalla / S. Cibrao das Viñas e San Breixo de Seixalbo.

Asunto: Querela xudicial polos vertidos ao río Barbaña do mes de Xuño do 2009.-

O próximo xoves día 3 de Xuño do 2010, as 10:30 horas a piques de cumprirse un ano do desgraciado atentado que significou a mortandade de miles de peixes e outras especies así como unha grave contaminación do Río Barbaña, os presidentes das Asociacións de Veciños enriba mencionadas van a proceder, no Pazo de Xustiza de Ourense, a sinatura da querela criminal que solidariamente interpuxeron para que se investigase este suceso e os culpables do mesmo non quedasen impunes.

Como é coñecido estas tres asociacións, no seu momento, ante o que parecía unha pasividade tanto da Administración como da Xustiza con aquel desgraciado suceso decidiron personarse como acusación particular para que a investigación non se detivese e ao mesmo tempo ter posibilidade de acceder a toda a información do que se estaba a investigar como parte interesada. Despois de oito meses de esperas e tramites burocráticos entre os cales houbo que depositar unha fianza ( cando somos asociacións sen animo de lucro e tampouco pedimos ningún tipo de indemnizacion) por fin este día 3 de Xuño asinaremos esta demanda.

Insistimos na necesidade urxente de que as Administracións, Concellos limítrofes, Confederación Hidrográfica, etc poñan en marcha as infraestruturas necesarias para que as augas que chegan ao río veñan depuradas. Sabemos que se teñen mellorado moitas cousas pero ainda non son suficientes.

O Barbaña é un rio que debe respectarse e coidadarse como patrimonio natural pero ademáis atravesa zonas de gran importancia turística, histórica e patrimonial dos Concellos de Barbadás, SanCibrao das Viñas e Ourense e non se pode permitir que acontezan estes problemas e cando suceden que non se castigue aos culpables.

Ourense 1 de Xuño do 2010.-

Asdo.

A.VV. “Barbaña”

A.VV. “Encontros” de Ponte Noalla

A.VV “San Breixo” de Seixalbo


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: