*
A Asociación
Noticias
» 18-06-2019:
 SUSPENSION DE SARDIÑADA DO 2019
» 20-06-2018:
 Novos e reiterados verquidos no Rio Barbaña
» 26-10-2016:
 ACTUALIDADE
Listar todas
Avda. de Portugal Nº 63
Teléfono: 606 659 671
avvparquebarbanha@hotmail.com
» REFORMA DA TARIFA NOCTURNA

Ourense 10 de Febreiro do 2008

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS “PARQUE BARBAÑA”
NOTA DE PRENSA
“REFORMA DA TARIFA NOCTURNA”
 
 

A xunta Directiva da Asociación de Veciños Parque Barbaña sumase a postura de apoio a todolos cidadáns de Ourense que se podan ver perxudicados pola supresión do contrato de tarifa nocturna no pago do seu recibo de consumo electrico e solicitamos da administración as medidas pertinentes para evitar esta situación.
Ainda que esta medida sexa unha consecuencia da aplicación da normativa europea  non debería, baixo ningún concepto, supor unha carga para os usuarios que teñen contratada esta modalidade na actualidade  e ademáis se temos  presente que Galicía é unha comunidade productora de electricidade que a construcción de encoros, centrais termicas, aeroxeneradores, minicentrais, etc  somentes ten  suposto grandes beneficios para as empresas productoras de electricidade e mínimos beneficios para os consumidores galegos propopomos o seguinte:
 
 

  •  Que o governo do Estado  negocie  a aplicación dunha moratoria na aplicación deste decreto.
     
  • Que no caso de terse que levar adiante esta reforma legal sexan as compañias electricas as que se fagan cargo dos costes de reforma tando do aparataxe, como de contadores e demáis reformas e nunca a costa do consumidor.
     
  • Facemos un chamamento os usuarios desta tarifa para que ante as “dubidas de carácter xuridico/legal  sobre a aplicación desta norma naquelas persoas que teñen feito uns contratos e uns determinados gastos” tomen contacto coas diferentes asociacións de consumidores para pedir asesoramento e por en marcha as medidas legais e de presión que sexan necesarias. 

  •  

 


 © Asociación de veciños parque barbaña.  Subvencionado pola: