Unha vez mais, achégase o vran e non está resolto un problema que causa malestar a cidadans que vivimos no entorno das zonas de botellón.
Sen entrar en valoracións morais ou éticas, consideramos que a práctica do consumo de bebidas o aire libre durante a noite crea un grave problema de convivencia en moitos lugares da nosa cidade dado que impiden a moitos cidadans disfrutar do seu dereito ao descanso.
Entendemos que a mocidade ten todo o dereito do mundo a buscar as maneiras de diversión e reunión que consideren máis axeitadas e polo tanto non estamos a condenar estas prácticas, simplemente podense orientar doutro xeito, que beneficiara aos que desexamos un Ourense mellor e máis habitable.
Sabemos que Limiar ten feito unha proposta de buscar zonas apropiadas para o botellón, damos o noso parabén a que Limiar teña unha postura neste tema, en anos anteriores, cando tivemos numerosas reunións entre o movemento veciñal e os grupos político, Limiar abstiñase de mostrar ningunha proposta. Nas ultimas reunións realizadas entre o movemento veciñal, casa da xuventude e grupos políticos en Abril de 2007 , hai agora un ano, esta asociación puxo varias alternativas na mesa: buscar zonas apropiadas, poñer transporte colectivo de ser necesario, poñer unha hora a partir da cal non se permitan ruidos na rúa e polo tanto tampouco no botellón, mais vixianza policial nas zonas de botellón polos posibles actos de vandalismo que se poidan xenerar , actuacións nese caso, etc…
Non hai solucións maxicas para certos problemas pero consideramos que todolos sectores implicados debemos participar na búsqueda de saídas.
Dende o terreo educativo e sanitario debense promover alternativas saudables e dende os diferentes sectores: políticos, sociais, familia, mocidade, hosteleria etc debemos colaborar na búsqueda de solucións e o Concello de forma coordinada desde as diferentes Concellerías afectadas debe poñer alternativas enriba da mesa.
Ourense 5 Abril de 2008
Xunta Directiva Asociación de Veciños do Parque Barbaña