A.VV. “BARBAÑA”
NOTA DE PRENSA
Asunto: Mantenemento e Coidados do recinto do Parque Barbaña Esta Asociación leva pelexando tanto na anterior lexislatura municipal como na actual para que tanto o noso entorno como a cidade de Ourense sexan lugares cada vez máis humanos,dignos e de calidade para vivir e polo tanto sexamos tamén un lugar cobizado e envexado polos que nos visitan. Para elo fai falla que os responsables das diferentes Administracións se impliquen, segun as súas responsabilidades, na procura desta mellora. Pero ademáis é fundamental que aquelo qué está feito e precisa coidados para manterse e non deteriorarse, tamén sexa algo prioritario para os nosos gobernantes. O Parque Barbaña, no seu momento, adxudicouselle o mantenemento e coidados do 90% do mesmo a empresa ( Construccións Gamallo) que ten a concesión ( durante 40 anos) da cafetería que está ubicada no mesmo. Esta empresa ao longo destes anos ten ido de mal en peor no cumprimento do seu contrato de mantenemento e hoxendía podemos afirmar con toda rotundidade que o grao de incuprimento roza claramente o intolerable e entendemos que habería motivos dabondo para retirarlle esta concesión e os privilexios que leva asociado. A situación acada niveis de importante malestar entre o vecindario pois ao nulo mantenemento e reposición de destrozos hai que engadir que a Cafetería “Agasallo”, reconvertida en restaurante, é un emisor constante de fumos e cheiros a traveso da cheminea situada ao carón das vivendas o que obriga a ter pechadas fiestras e balcóns se non queremos ambientar as nosas casas con arumes de “calamar ou fritagandas varias”. Dende a Xunta Directiva temoslle manifestado a distintos responsables das áreas municipais ( Medio Ambiente e Comercio) que lle teñen que facer cumprir o que esta pactado e asinado, que é responsabilidade do Concello o facer cumprir a lei e os compromisos adquiridos no seu momento pero non vemos intención por ningunha das partes de mover ficha e rematar coa situación de deterioro da zona verde ,de maior superficie, do centro de Ourense Polo tanto denunciamos ante a opinión pública a deixadez do Concello nas súas obrigas legais e a Construccións Gamallo por non cumprir o que asinou no seu día no convenio, actualmente vixente, para o mantenemento do Parque e que se tomen medidas para que a Cafetería/Restaurante “O Agasallo” elimine aquelas actividades que consideramos insalubres, contaminantes e nocivas para os cidadáns do entorno. Ourens 15 de Abril do 2009.- Asdo Xunta Directiva
|